FARO DO CABO VILÁN

Civil
13136

Localización

Parroquia: Camariñas (San Xurxo)

Lugar: O Cabo Vilán s/n

15123  Camariñas - A Coruña

Coordenadas:
43º 09' 37.2" N - 9º 12' 40.9" W

Descrición

O Faro de Cabo Vilán (1896), situado nun contorno de gran valor paisaxístico e medioambiental, está construído en cantería a 75 m de altitude e, presenta unha planta octogonal, duns 25m de altura, unida, por un túnel, a unha construción de planta cadrada cun patio interior. Un edificio de dúas plantas e deseño simple que alberga diferentes dependencias.
A orixe deste faro, o primeiro en ser eléctrico de España, débese a que veu a substituír a un faro anterior (1854), emprazado nas inmediacións, e que funcionaba a vapor.
Foi a partir do afundimento do Serpent, no ano 1890, cando a necesidade do novo faro cobrou forza e converteuse en realidade.
Na actualidade, é un dos recursos turísticos con maior proxección do concello de Camariñas e alberga un museo e unha sala de exposicións que ao longo do ano vai mudando.

Acceso

Pola AC-432 ata a vila de Camariñas e desvió a dereita pola estrada de Vilán que leva directa ao faro.
Arriba