CASTELO DE VIMIANZO

Civil
3572

Localización

Parroquia: Vimianzo (San Vicenzo)

Lugar: Vimianzo

15129  Vimianzo - A Coruña

Coordenadas:
43º 06' 39.9" N - 9º 01' 52.9" W

Descrición

Comezouse no século XIII e reformouse durante o XIV e o XV. Presenta un excelente estado de conservación. Conta con murallas e foxo, sobre o que se tende unha ponte anteriormente levadiza. O edificio está construído en planta poligonal e ten catro torres e patio de armas. Os seus muros, de case dous metros de grosor, soportaron frecuentes ataques, como os da Guerra Irmandiña, feito que inspira a festa máis coñecida da vila: o Asalto ao Castelo. Foi obxecto de encarnizadas disputas por parte do arcebispo Fonseca de Compostela e a familia dos Moscoso, dous dos poderes máis importantes da Galicia medieval. Durante séculos, foi propiedade dos condes de Altamira e centro dunha extensa xurisdición de terra e mar, gobernando os portos de Camariñas e Laxe. A finais do século XIX o poeta do Rexurdimento Evaristo Martelo Paumán del Nero manda restaurar o castelo trala venda á sua familia. Finalmente, pasou a pertencer á Deputación da Coruña, institución que o rehabilitou e dedicou ao uso público, xestionado polo Concello de Vimianzo.
No seu interior pódense ver traballando a diferentes artesáns na Mostra de Artesanía ao Vivo: encaixe vimiancés, liño, olaría, cestaría, trenzado en palla, maquetas de barcos ou xoiaría en vidro.

Acceso

Na Vila de Vimianzo.

Declaración

Ben de Interese Cultural
Patrimonio cultural Civil Castelo, torre, fortaleza
Arriba
Axúdanos a mellorar!