PAZO DE LEIS - SOESTO

Civil
1523

Localización

Parroquia: Soesto (Santo Estevo)

Lugar: O Rueiro s/n

15118  Laxe - A Coruña

Coordenadas:
43º 11' 37.8" N - 9º 00' 46.3" W

Descrición

Está situado á beira da estrada de Laxe a Camariñas, un pouco despois do cruce de Castrelo. Estamos probablemente ante un dos mellores pazos da Costa da Morte, e dos máis completos, pois ademais do edificio en si, conta cuns bonitos e ben coidados xardíns, un pombal e mesmo un regacho (o rego de Soesto). Construíuse en varias etapas, pero a meirande parte do que podemos contemplar hoxe é dos séculos XIX e XX xa que queda pouco das etapas anteriores.

É un edificio de planta en forma de –U-, cun patio interior, torre, e un brasón –timbrado cun helmo empenachado- que ten coma único motivo un piñeiro e cinco lanzas, emblemas tanto dos Posse como dos Leis.
É unha propiedade privada rodeada por unha cerca, non se pode acceder sen o consentimento dos donos do pazo.
Arriba