CASTELO DA CONCEPCIÓN

Civil
2670

Localización

Parroquia: Cedeira (Santa María do Mar)

Lugar: Cedeira

15350  Cedeira - A Coruña

Coordenadas:
43º 39' 30.9" N - 8º 04' 16.9" W

Descrición

O "castelo da Concepción" foi construído en 1747, sitúase nunha posición elevada á entrada da Ría de Cedeira, preto do porto pesqueiro. Posúe planta irregular adaptada ao terreo. A entrada faise polo lado norte, o máis elevado, baixando unha rampla e unhas escaleiras a través das que se accede ó primeiro nivel, onde se atopan a cociña, as dependencias do mando, as da tropa e maila polvoreira; no nivel inferior sitúanse a garita de vixilancia e unha serie de baterías con troneiras abertas en dúas frontes. Ergueuse como único medio de defensa da vila. Despois dos acontecementos da guerra con Inglaterra foi construído con financiamento real, coa doazón dos materiais e instrumentos, como os canóns non utilizados en Ferrol, e coa axuda da poboación construíuse o castelo. Hoxe en día constitúe un magnífico miradoiro sobre toda a ría de Cedeira e ademais é museo e centro de interpretación que está aberto ao público.

Acceso

No núcleo urbano.
Patrimonio cultural Civil Castelo, torre, fortaleza
Arriba
Axúdanos a mellorar!