CASTELO DE SAN FELIPE

Civil
1868
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Brión (Santa María)

Lugar: San Felipe

15593  Ferrol - A Coruña

Coordenadas:
43º 27' 51.9" N - 8º 16' 53.9" W

Descrición

Construción defensiva de estilo predominantemente neoclásico. En tempos de Felipe II ergueuse un primeiro castelo, que se reformou entre 1731-1775. Constitúe un dos exemplos máis representativos das grandes "baterías-abaluartadas" do século XVIII. Servía para a defensa da ría de Ferrol e os ataques por terra. Dispoñía dun sistema de muros saíntes cubrindo os flancos dos muros laterais. Segue os modelos académicos da súa época, a Ilustración; neste caso a aplicación das matemáticas á arte da guerra. Trazado xeométrico e cantería. Os enxeñeiros militares que o deseñaron foron Francisco Montaigú, Juan de la Ferriére e Juan Vergel. Posúe magníficas vistas sobre toda a ría e o Castelo da Palma. Recentemente adquirido polo Concello de Ferrol, é susceptible de remodelación e rehabilitación para usos culturais.

Acceso

Desde Ferrol, polo camiño de Canido, cara á Malata e á Graña, onde se atopa un desvío á dereita en dirección ao castelo.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés

Declaración

Ben de Interese Cultural
Patrimonio cultural Civil Castelo, torre, fortaleza
Arriba