PRAZA DO TEUCRO

Civil
2757
No Camiño de Santiago

Localización

36002  Pontevedra - Pontevedra

Coordenadas:
42º 26' 02.6" N - 8º 38' 38.6" W

Descrición

Creada no s. XVIII. Supostamente Teucro, arqueiro grego medio irmán de Ayax, viaxaría a Occidente trala Guerra de Troia, fundando a cidade de Pontevedra. Este mito sería potenciado pola elite renacentista para ennobrecer e prestixiar a vila. Esta praza está constituída por casas señoriais como a dos Gago e Montenegro (Norte), Pazo de San Román (Sur), e Pazo do Marqués de Aranda (Este). Foi unha das prazas máis señoriais da cidade, e aínda hoxe conserva parte das casas nobres que a rodeaban dos ss. XVII e XVIII; este lugar é ademais un bo exemplo da riqueza heráldica de Pontevedra. Entre todos destaca o escudo situado na cara norte desta praza, na casa coñecida como de Gago e Montenegro, ademais de ser o de maiores dimensións, é unha verdadeira xoia do barroco galego realizado no s. XVII.

Acceso

Núcleo urbano

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Arriba
Axúdanos a mellorar!