Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
Parroquia: O Xobre ou O Maño (Santa María)
Lugar: Cabío s/n
15949 A Pobra do Caramiñal - A Coruña
HOTEL CABIO
¿Queres pasar uns días lonxe das preocupacións nun hotel con encanto na Pobra do Caramiñal?
En Hotel Cabio dispoñemos de 11 habitacións exteriores con todas as comodidades no que sentirás coma na casa e nunha contorna privilexiada. Situado nun lugar emblemático e rodeado de lugares de interese tanto turístico como cultural, poderás gozar dunha estancia agradable e cómoda.
Se decidiches pasar uns días afastado do mundanal ruído da cidade, nunha contorna privilexiada e rodeada de natureza ven a coñecer o noso hotel na Pobra do Caramiñal, onde ademais de disfrutar dunha estancia agradable poderás degustar pratos típicos da zona elaborados con produtos locais da mellor calidade.
O noso aloxamento está rodeado de multitude de lugares de interese coma por exemplo a famosa praia de Cabío, a cal se atopa a tan só 100 metros do noso hotel, e combina tanto praias grandes como pequenas calas de auga cristalina. Un lugar ideal para realizar sendeirismo.
Ademais, nos arredores do noso hotel, na Pobra do Caramiñal, poderás visitar lugares emblemáticos como o Parque Natural de Corrubedo e a súa gran duna móbil, monumentos prehistóricos como os castros de Baroña e Neixón, o dolmen de Axeitos, o miradoiro sobre a ría de Arousa do monte A Curota, as piscinas naturais formadas polo Río Pedras ou o museo de Valle-Inclán.
As opcións son infinitas.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración