Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PAZO DE RUBIÁNS&body=Recoméndoche que leas a información PAZO DE RUBIÁNS extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/6987/pazo-de-rubians?langId=gl_ES%26tp=9%26ctre=36
Parroquia: Rubiáns (Santa María)
Lugar: Rubiáns de Arriba
Rúa do Pazo 7
36619 Vilagarcía de Arousa - Pontevedra
Edificado no século XVIII sobre unha torre do século XV, foi solar dos Caamaño, fundadores de Vilagarcía. O máis destacable é o seu xardín, de estilo francés, no que sobresaen as magnolias, as oitocentas variedades de camelias e algúns dos eucaliptos máis lonxevos de Galicia. En canto á casa, trátase dunha construción de planta regular con gárgolas nas cornixas e varios escudos. Rubiáns ostenta a distinción de “Xardín de excelencia Internacional da Camelia”.
O pazo é visitable durante todo o ano previa reserva. Pode facerse de forma libre ou guiada. Neste segundo caso, os participantes non só coñecen os aspectos botánicos do pazo, senón os principais salóns da casa e as súas dependencias exteriores: a capela, as antigas cortes dos cabalos e a adega, sempre acompañados por persoal do pazo.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.