PAZO DE ANZOBRE

Civil
1706

Localización

Parroquia: Armentón (San Pedro)

Lugar: Anzobre

15144  Arteixo - A Coruña

Coordenadas:
43º 16' 59.9" N - 8º 33' 24.9" W

Descrición

Propiedade privada non visitable. Situado no alto dunha faldra, domina o val. Chégase a el bordeando o muro do terreo por un lateral, pasando baixo a nova galería apoiada en piares de formigón. Patio de entrada limitado por construcións auxiliares, con casa dos caseiros enfronte ao Pazo. Casa en forma de U. Nun dos seus brazos localízase a capela do Pazo. Fábrica de cachotaría, recebada e encalada, con cadeirado nos ocos. Soportal na parte central da U.
Arriba
Axúdanos a mellorar!