REITORAL DE CAIÓN

Civil
1042

Localización

Parroquia: Caión (Santa María do Socorro)

Lugar: Caión

Rúa: Antigua Casa Reitoral s/n

15145  A Laracha - A Coruña

Coordenadas:
43º 19' 08.4" N - 8º 36' 17.1" W

Descrición

Edificio de planta rectangular alongada construída con perpiaños irregulares, arrimada ao muro occidental da igrexa de Santa María do Socorro e que antigamente formaba parte do Convento de Santo Agostiño. As diversas modificacións sufridas o longo do tempo, desvirtúan o aspecto exterior. Nun extremo añadíronlle un volume que rompe a liña do cumio, xa que se subiu a cuberta para gañar altura no interior. Este volume ten entrada dende abaixo, polo lateral do edificio. Consta de dúas alturas con accesos independentes. A disposición dos vans é arbitraria variando ata a mesma tipoloxía das xanelas, agás no lateral que segue un eixo central de simetría con tres vans en cada andar. Na fachada posterior algunhas destas xanelas foron tapiadas con cachotes.
A fachada principal aínda que está construída con perpiaño, está recebada con cemento mostrando esa frialdade que non ten a pedra á vista, agás nos marcos dos vans. Na traseira é a cachotería miúda vista a que compón o paramento vertical. A cuberta está resolta a dúas augas e o engadido a tres con tella curva do país. Carece de elementos significativos: tan só tres brasóns labrados en pedra no centro da fachada principal.
Na actualidade alberga a oficina de información turística e un local social para a terceira idade.

Acceso

Dende a praza do concello da Laracha collemos o desvío pola DP-1913 e DP-1909 en dirección a Caión.
Arriba