PONTE ROMANO DE A LABRADA

Civil
229
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Barxa de Lor (Santa Mariña)

Lugar: A Labrada

27391  A Pobra do Brollón - Lugo

Coordenadas:
42º 30' 36.0" N - 7º 20' 39.9" W

Descrición

Ponte de orixe romana de tres arcos, sobre o río Lor. A ponte foi reformada en numerosas ocasións ao longo da historia, a que se conserva actualmente é do século XVI.
Conserva parte da calzada romana, sendo ademais lugar de paso do Camiño de Inverno o Camiño Sur a Santiago, que unha vez abandona Quiroga entra na Pobra neste punto.

Acceso

Dende a capital municipal, tómase a estrada en dirección a Quiroga. A seis km está Barxa. Despois de pasala e a seiscentos m. xírase á dereita e avánzase ata chegar á ponte.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba