TORRE DOS MORENO

Civil
3013
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Ribadeo (Santa María)

Lugar: Ribadeo

Rúa: Plaza de España

Ribadeo - Lugo

Coordenadas:
43º 32' 11.4" N - 7º 02' 22.5" W

Descrición

Residencia indiana construída no 1915 por iniciativa dos irmáns Juan e Pedro Moreno Ulloa. De estilo ecléctico, foi proxectada segundo os criterios do arquitecto arxentino Julián García Núñez, considerado discípulo de Gaudí, e do enxeñeiro Ángel Ardex con destino a casa de renda.
Dende a súa construción converteuse no edificio máis admirado de Ribadeo, tanto pola súa estética como polas innovacións técnicas incorporadas. Posúe tres fachadas de coidada ornamentación e de diferentes estilos, se ben, o máis destacado é a súa torre coroada por unha cúpula recuberta de cerámica vidrada e rematada noutra máis pequena sostida por catro cariátides. Construído en formigón e ferro forxado, incorpora novidosos elementos para a época, tales como ascensor ou cuartos de baño en tódalas vivendas, entre outros.
Na actualidade está en fase de restauración. Aquí comeza a ruta dos Indianos.

Acceso

Na mesma vila de Ribadeo.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte

Declaración

Ben de Interese Cultural
Arriba
Axúdanos a mellorar!