FORTALEZA PARDO DE CELA

Civil
3459

Localización

Parroquia: O Castro de Ouro (San Salvador)

Lugar: O Castro de Ouro

Alfoz - Lugo

Coordenadas:
43º 31' 40.0" N - 7º 24' 32.0" W

Descrición

Construcción cúbica de tres plantas construída en cadeirado de granito e coroada por almeas. A pranta baixa ten como acceso unha porta arqueada flanqueada por dúas ventás xeminadas. Nos pisos superiores hai unha fila de tres ventás xeminadas en cada un. Nos laterais repítese o modelo de ventá na pranta baixa e primeiro piso. No segundo piso a ventá é adintelada. Foi declarado Ben de Interese Cultural no ano 1949. O Castelo de Castrodouro tivo a súa orixe nun asentamento castreño de comezos do século I d.C. Desta construcción só se conservan as estructuras exteriores da torre homenaxe da primitiva fortaleza. No século XI, unha familia da meseta funda o monasterio familiar. No século XV é ocupado polo Mariscal Pardo de Cela, que o perde trala súa morte pasando a ser propiedade da diócesis mindoniense, quen o reconstrue despois de que os Reis Católicos decidiran a súa destrucción, convertindoo en residencia episcopal ata o século XVII no que foi abandoado. A finais do século XIX foi usucapido polo Concello quen decidiu arreglalo, destinandoi ata o ano 1990 a Casa Consistorial e sede do Xuzgado Municipal. Na actualidade o Castelo acolle varias dependencias municipais que contribuen á súa posta en valor: punto de información turística, sala de exposición, sala museo e mirador. Visitable.

Acceso

Partindo de Burela, tomamos a estrada que leva a Villaestrofe, Ferreira e A Rúa. Dende Ferreira dirixímonos en dirección Mondoñedo. A 4 kms está Castro de Ouro. Unha vez nesta localidade, antes de entrar de novo na estrada de Mondoñedo, á esquerda temos o indicador da Fortaleza. Tomamos este ramal seguindo pola pista que atopemos á dereita, continuando por ela ata o cumio.
Patrimonio cultural Civil Castelo, torre, fortaleza
Arriba
Axúdanos a mellorar!