PONTE DO PASATEMPO

Civil
807
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Mondoñedo (Nosa Señora do Carme)

Rúa: Os Muíños

27740  Mondoñedo - Lugo

Coordenadas:
43º 25' 31.0" N - 7º 21' 29.0" W

Descrición

Ponte situada no barrio mindoniense de Os Muiños sobre o río Valiñadares, coñecido antigamente como "Ponte dos Ruzos". Fabricado con cachotería luosenta e cadeirado granítico nos remates, consta dun arco de medio punto. Foi testemuña dun importante feito histórico que evoca a memoria do Mariscal Pardo de Cela pois foi aquí onde Isabel de Castro, esposa do Mariscal, que traía o indulto real para o seu marido por mediación da súa prima a Raíña Isabel la Católica, foi detida por uns cóengos mentres o seu marido era decapitado na praza da catedral. Dende entón, o antigo "Ponte dos Ruzos" foi coñecido por "Ponte do Pasatempo", recordando o tráxico final do decapitado Mariscal Pardo de Cela por orde dos Reis Católicos.
O estado actual responde a obras de restauración de fins do século XVIII.

Acceso

Está no centro urbano de Mondoñedo, cara aos arredores.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte
Arriba