PAZO FRUIME

Civil
430

Localización

Parroquia: Podentes (Santa María)

Lugar: Fruíme

32812  A Bola - Ourense

Coordenadas:
42º 09' 33.9" N - 7º 54' 24.9" W

Descrición

O conxunto está formado por un corpo principal de planta rectangular cunha torre pegada nun dos lados, máis outro corpo paralelo á torre, de maneira que en planta semella unha U.
Sufriu varias transformacións. O seu dono construíu unha capela; a que tiña o pazo foi destruída, nun extremo do terreo.
Presenta escudo da familia dos Arauxo: banda con estrelas, o sol e a lúa, a perdiz nas poutas do falcón, a torre cunha figura humana e a flor de lis.
Arriba
Axúdanos a mellorar!