PRAZA DO FERRO

Civil
463
No Camiño de Santiago

Localización

Praza do Ferro

32003  Ourense - Ourense

Coordenadas:
42º 20' 15.5" N - 7º 51' 47.6" W

Descrición

Encrucillada de camiños máis que praza, aquí celebrouse durante séculos o mercado de utensilios de labranza, quincalla e potes, costume que acabou dando nome a este recuncho. Aquí desemboca a rúa Santo Domingo, de animada vida comercial, e comezan a dos Viños, a zona de tapeo por excelencia de Ourense. Está centrada por unha fermosa fonte que decoraba, antes da Desamortización, o mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. Rodean a praza polo oeste soportais e, en fronte, o magnífico pazo que construíu a comezos do s. XVI don Juan Fernández de Boan y Landecho, cuxas armas campan na fachada. A praza está considerada un dos núcleos culturais de Galicia, xa que na súa contorna naceron ou viviron boa parte dos grandes escritores e estudiosos da cultura galega: Vicente Risco, Otero Pedrayo, Florentino López Cuevillas, Xoaquín Lorenzo “Xocas” e Eduardo Blanco Amor.

Acceso

Na zona monumental da cidade de Ourense.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Arriba