PRAZA DO TRIGO

Civil
2193
No Camiño de Santiago

Localización

Praza do Trigo

32005  Ourense - Ourense

Coordenadas:
42º 20' 09.6" N - 7º 51' 46.8" W

Descrición

A súa irregular forma obedece a ser máis unha encrucillada de camiños que unha praza, e os seus soportais lémbrannos a que foi a súa función durante décadas: antigo mercado de cerámica, prateiros e tamén cereais, de onde lle vén o nome. Está presidida pola fachada sur da Catedral, da que ofrece magníficas vistas. Se nos situamos na fonte que centra a praza (chamada Fonte Nova, pois veu substituír outra anterior, do século XVIII), á nosa dereita veremos unha fileira de casas entre as que destaca unha cargada fachada neobarroca, obra do arquitecto Jesús Vidal datada a finais do século XIX. Á súa esquerda atopamos tamén a dezaoitesca casa dos Temes. Pola esquerda, a praza prolóngase nun pequeno espazo cuadrangular coñecido como Praza das Damas, que na documentación medieval aparece recollida como “patio de laranxeiras”.  Aquí atopase a antiga casa Gayoso.

Acceso

Na zona monumental da cidade de Ourense.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Arriba