PAZO DE CASEBIO

Civil
959
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Deade (San Vicente)

Lugar: Casebio

Pantón - Lugo

Coordenadas:
42º 29' 54.9" N - 7º 37' 37.9" W

Descrición

Edificio recentemente rehabilitado, de planta irregular resultado de varios corpos pegados. Muros de pedra granítica e galería nun dos seus lados. Cubertas con tellados de tella e muro rodeando o terreo.

Acceso

Partindo de Ferreira tomar a LU-P 41-03 dirección "Deade/S. Esteban". A 2 kms tomar desvío á esquerda sinalizado "Vila do Mato" e a 700 mts atópase o Pazo.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba
Axúdanos a mellorar!