PAZO DE ATÍN

Civil
1026

Localización

Parroquia: Loureda (Santa María)

Lugar: O Atín

15142  Arteixo - A Coruña

Coordenadas:
43º 16' 56.0" N - 8º 29' 29.0" W

Descrición

Propiedade privada non visitable. Situado nunha suave faldra, ao pé da estrada, apartado do casarío. O extremo dunha das ás dá a un pequeno xardín con encoro circular de pedra no medio. No extremo oposto e separada do Pazo por outro patio, está a pequena capela, con retablo de pedra policromada. Planta en "T". Fábrica de cachotaría de granito con cadeirado en ocos. Con balconada de pedra en esquina, sobre ménsula de pedra e con balaustrada de madeira.
Arriba