PAZO DE ARILLO

Civil
1174

Localización

Parroquia: Dorneda (San Martiño)

Lugar: Arillo

15178  Oleiros - A Coruña

Coordenadas:
43º 21' 32.9" N - 8º 19' 17.9" W

Descrición

Propiedade privada non visitable. Diante, patio pavimentado con xardíns. Casa dos hortelanos con pombal. Terreo rodeado con muros de pedra, dedicada ao cultivo de flores, froiteiras, magnolios. . . Preto do edificio, un miradoiro dende o que se divisa A Coruña. Planta rectangular alongada con ancha galería sostida sobre piares, engadida no extremo Oeste. Muros de cachotaría de granito recebados e encalados, deixando a cantería para linteis, xambas, patín, escudo, etc. Edificio de dúas plantas. Fachada principal na que destaca o antigo patín e a pedra de armas.

Acceso

Dende Oleiros tómase a estrada cara Dorneda (AC-181) e despois cara Mera (AC-173). Esta última pasa por diante do pazo situado no núcleo de Arillo.
Arriba
Axúdanos a mellorar!