PAZO DAS TORRES

Civil
1473

Localización

Parroquia: Oleiros (Santa María)

Lugar: Condús

15993  Oleiros - A Coruña

Coordenadas:
43º 19' 53.9" N - 8º 18' 33.0" W

Descrición

Propiedade privada non visitable. Terreo amurallado ao bordo da estrada sobre faldra frondosa, fermosas vistas do val. Grande xardín con piscina e cancha de tenis. O portal dá entrada a unha ampla zona limitada polo pazo, capela e garaxe. O camiño discorre entre céspede, pradairos, bancos. . . Planta en L. Fábrica de cadeirado de granito recebado e pintado de branco, deixa a cantería á vista en esquinais, balcóns, encintados, etc. A fachada principal ten 2 alturas, o resto 3. Hai un pequeno soportal, ventás con peitoril e escudo con inscrición. Na fachada N.O. enorme balcón e 2 escudos recentes. Hai unha galería en ángulo da edificación.

Acceso

Dende o pobo de Oleiros tomar a estrada que vai cara Sada, desviándonos á dereita, unha vez pasado o semáforo situado á saída da vila. A partir de aquí continuar pola Rúa Torres ata atopar o pazo.

Arriba
Axúdanos a mellorar!