PAZO DE POUSADA

Civil
995

Localización

Parroquia: Oleiros (Santa María)

Lugar: Pousada

15993  Oleiros - A Coruña

Coordenadas:
43º 20' 22.9" N - 8º 18' 43.9" W

Descrición

Propiedade privada non visitable Edificación situada ao bordo mesmo de dous camiños presentando un aparatoso portón con escudo. Terreo con salgueiros, laranxeiras, figueiras, cipréses, magnolios e camelias. Posúe un patio de entrada e a horta está separada por un muro. Planta rectangular. Un primeiro corpo de edificación ten tres plantas sobre ménsulas de pedra substitúe a primitiva galería. A fachada E. dá ao exterior do recinto amurallado e presenta un escudo no centro.

Acceso

Dende Oleiros coller a estrada que vai cara Dorneda (AC 171). Atoparemos o pazo a uns kms do núcleo de Oleiros ó carón da estrada a man esquerda.
Arriba
Axúdanos a mellorar!