PAZO DOS CONDES DE GRAXAL

Civil
1633

Localización

Parroquia: Caión (Santa María do Socorro)

Lugar: Caión

Praza Eduardo Vila Fano

15145  A Laracha - A Coruña

Coordenadas:
43º 19' 05.9" N - 8º 36' 21.9" W

Descrición

Unha parte do Pazo é vivenda privada, e a parte NE aloxa un bar con diferente tratamento de fachada co edificio orixinal. Pazo urbano, de planta rectangular con muros de cadeirado. Destaca a porta con arco de medio punto na fachada SE. Ocos pequenos e moi espazados. Edificio todo o de fábrica de perpiaños de granito con cuberta de tella curva. Conta cunha planta baixa na que se distribúen as estanzas e outra alta con cuartos. A parte orientada ao SO. está realizada con fábrica de granito rosa diferente do resto e corresponde a unha dependencia destinada a cárcere antigamente.

Acceso

Xunto á praza do Concello da Laracha collemos o desvío pola DP-1913 e DP-1909 dirección Caión.
Arriba