PAZO DE CONSO

Civil
2180
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Conso (Santiago)

Lugar: Conso

32557  Vilariño de Conso - Ourense

Coordenadas:
42º 10' 30.9" N - 7º 10' 15.4" W

Descrición

O Pazo é unha propiedade privada non visible ao público. O Pazo consta dunha planta baixa, de forma rectangular, dedicada a vivenda, orientada de nacente a poñente. O gran corpo frontal remata en ameas, onde vai o escudo heráldico do señor da casa con helmo e penacho. Baixo do lintel da porta éntrase nun patio exterior ó que daban as dependencias agrícolas. Os muros teñen brasóns, sendo a fachada máis interesante a do sur, con solaina. É de sinalar a cheminea de corpo prismático e pequenos remates. A peza máis importante é o salón con cheminea de perpiaño e parladoiros, no que había oratorio. A construción é de pedra de gra. O pazo era dos Marqueses de Castelar, señores da xurisdición de Conso, e o brasón leva as armas dos Ribadeneira, Losada e dos Enríquez.

Acceso

O Pazo está a medio camiño entre o asentamento de Conso e o de A Veiguiña. Pódese acceder, baixando polo pobo de Conso que enlaza cun camiño asfaltado que leva ao pazo, ou ben subindo polo pobo de A Veiguiña que enlaza co mesmo camiño que leva ao pazo. Este último adoita a ser o traxecto máis curto para chegar ao destino.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Arriba
Axúdanos a mellorar!