PAZO DE ANDEADE

Civil
142

Localización

Parroquia: Andeade (Santiago)

Lugar: A Casa Grande

15822  Touro - A Coruña

Coordenadas:
42º 52' 00.4" N - 8º 15' 30.5" W
+34 981 193 355
+34 981 193 355

Descrición

Rehabilitado, actualmente explótase como Casa de Turismo Rural e Restaurante.
Fundado en 1724 por D. Pedro Antonio Verea e Pecheco e Dª María Antonia Varela Lodeiro e Figueroa, presenta planta rectangular e muralla con portalón de acceso, que xunto as cuadras dos cabalos, a vivenda dos caseiros, o hórreo e a capela conforman un patio pechado cun paseo de bananeiros ata a entrada que lle da un aspecto moi señorial, aínda que o conxunto é sobrio dentro da súa sinxeleza.

Acceso

En automóbil son 4,6 km., menos de dez minutos desde a Casa do Concello. Seguir cara ao norte pola AC-240, pasando polos lugares de O Barral, A Santaia, O Outeiro e A Eirexe. Virar á dereita CP-0605 e en pouco máis de 500 m estamos no Pazo de Andeade.
A pé son 4,4 km., case unha hora. Mesmo percorrido, pero unha vez en A Eirexe continuar cara a Andeade para saír na AC-0605 e a 20 m. chegamos ao destino.

Tamén che pode interesar

Arriba