RÍA DE VIGO

Rías e praias
3228
No Camiño de Santiago

Localización

Pontevedra

Baiona | Bueu | Cangas | Moaña | Nigrán | Pontevedra | Redondela | Soutomaior | Vigo | Vilaboa

Coordenadas:
42º 14' 02.2" N - 8º 43' 37.0" W

Descrición

A ría de Vigo estírase de suroeste a nordés, a xeitode lanza mariña que se vai estreitando a medida quecamiñamos cara ao interior. Presenta, non obstante,unha acusada diferenza respecto doutras rías do surde Galicia. Mentres que as de Muros, Arousa ouPontevedra se estreitan no seu fondo, a de Vigo fainoen Rande, para volverse abrir de novo formando aenseada de San Simón, coa illa do seu nome unidaá terra durante a baixamar por unha frecha de area.
Á entrada da ría de Vigo, a xeito de tres navespétreas varadas no océano, atópanse as illas Cíes que,xunto ás illas de Ons, á illa de Sálvora, e á illa deCortegada, forman o Parque Nacional das IllasAtlánticas.

As Cíes presentan formas diferenciadas de oestea leste. Cara ao poñente aparece unha liña de costabrava, inaccesible, con impresionantes acantiladosnos que se abriron numerosos entrantes e covas(furnas) e nos que aniña unha gran cantidade defauna. Pola contra, cara ao interior da ría o relevo émáis suave, as pendentes son menores e iso propicioua xénese de fermosas praias, nas que se mesturaa area cos restos de cunchas. É precisamente nestesector protexido onde se poden admirar interesantesmostras da flora atlántica, destacando a camariña.
As Cíes, ás que poden acceder dende Vigo unnúmero limitado de persoas, non só destacan poloseu interese natural, senón que, en certa medida,protexen a ría dos tormentosos temporais atlánticos,permitindo que numerosas bateas habiten as súasaugas.
A ría de Vigo, debido á súa privilexiada localización, acubilla non só a cidade que lle dánome, un dos mellores portos de Europa, senón outros lugares que atesouran unha longa historia;non se pode esquecer que a ría foi eixe comercialdende os tempos prehistóricos.

Dicía o viaxeiro G. Borrow que Vigo era a feliz combinación dunha baía "que non ten comparanzano mundo". O desenvolvemento sufrido a partir definais do século dezanove trouxo consigo a xénese dunha ampla infraestrutura industrial marítima-estaleiros, fábricas de conserva, porto pesqueiro,etc.- que a converteu na máis poboada de Galicia.
Conta con espléndidos parques, museos-contemporáneo, do mar, zoolóxico...- e praias.
Conserva a pequena e mariñeira zona vella do Berbés, en vías de rehabilitación, e o parque de Castrelos que é, sen dúbida, o máis fermoso parqueurbano de Galicia. Neste recinto está situado o PazoMuseo de Quiñones de León, hoxe museo municipal.
Na marxe sur da ría de Vigo ábrese a enseada deBaiona, na que desemboca o río Miñor. Nos seus extremos atópanse os portos de Panxón e Baiona, enlazados polos areais da Ramallosa e PraiaAmérica. En Baiona, hoxe centro turístico deprimeira orde, durante varias centurias concentrouseo comercio, ata que se produciu o desenvolvemento espectacular de Vigo. Foi centro mercantil moi importante durante a Idade Media e segue a ser undos refuxios máis coñecidos e frecuentados polas embarcacións que bordean o litoral de Galicia.

En marzo de 1493, arribou á vila a carabela La Pinta, ao mando de Pinzón, e pilotada polo pontevedrés Sarmiento. No seu interior hai igrexas fermosas, das que destaca a antiga colexiata.
Na marxe setentrional da ría atópase Cangas,unha vila de forte impulso económico que aíndaconserva o tipismo tradicional das súas rías e velloscostumes, o mesmo ca Moaña, outra fermosaestampa mariñeira.
Cara ao nordés, a ría estréitase en Rande, ondeé atravesada pola autoestrada que une Vigo co nortede Galicia, gracias a unha espectacular pontetensada, a xeito de gran batea, que se funde harmoniosamente coas que cobren a superficie mariña do seu contorno. Ao traspasar Rande atopámonos con Redondela, vila marcada poloferrocarril e polas súas pontes de ferro.
E, ao fondo da ría, aséntanse Ponte Sampaio,nome de resonancias liberadoras pola batalla queacabou co dominio francés en 1809, e Arcade, no seu tempo un dos viveiros de ostras de maior importancia en Europa.


+ información

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Arriba
Axúdanos a mellorar!