Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: FOLIÓN TRADICIONAL DO ENTROIDO DE MANZANEDA&body=Recoméndoche que leas a información FOLIÓN TRADICIONAL DO ENTROIDO DE MANZANEDA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/FI-OR-000017/folion-tradicional-do-entroido-de-manzaneda?langId=gl_ES
O son atronador do folión, con bombos, tambores, cencerros e utensilios de labranza metálicos enche a localidade de Manzaneda durante este peculiar pasacalle de entroido, que nesta localidade é acompañado polo seu personaxe tradicional, a “ mázcara”. Os foliones de Manzaneda son espectaculares polo seu ritmo compasado e ininterrompido e a elegancia e colorido das “ mázcaras”, cos seus característicos gorros engarzados con cintas de cores e os seus saltos e danzas de orixe arcaica. O gran folión ten lugar o Martes de Entroido, que é festa local, cando se xuntan na vila os foliones de todas as parroquias formando un impresionante estrondo. Acaba sempre cunha comida popular a base de porco: chourizos, rabo..., a comida típica destas datas en Galicia.
Para non perderse:
Comida popular o Martes de Entroido.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.