FESTIVAL INTERNACIONAL MUNDO CELTA DE ORTIGUEIRA

Festas de interese turístico
4085
Datas de celebración: 09/07 - 16/07

Localización

Ortigueira - A Coruña

Coordenadas:
43º 41' 01.0" N - 7º 51' 27.0" W

Descrición

Milleiros de persoas pernoitan a carón da praia de Morouzos de Ortigueira, nunha ampla área de acampada libre baixo os piñeiros, co motivo do Festival Internacional do Mundo Celta, que desde 1978 é o referente musical do verán en Galicia e unha cita ineludible para os amantes da música folk en todo o mundo. A localidade vive durante catro días e catro noites baixo o feitizo da música de grupos e intérpretes con raíces culturais compartidas. Bandas históricas de música celta, así como unha boa representación de creadores galegos, comparten cartel con grupos emerxentes ou non consolidados que buscan facerse un sitio no panorama folk da Península Ibérica.

A zona marítima de Ortigueira é un ir e vir de mozos e mozas, entre a zona de acampada –dotada de todo tipo de servizos e de cuxo mantemento e limpeza se ocupa o Concello– e os escenarios do festival. Ademais, hai transporte urbano gratuíto desde as áreas de estacionamento ata os campamentos.

A programación musical complétase con outras propostas culturais, desde exposicións e representacións teatrais e de monicreques ata unha feira de artesanía no paseo marítimo, ademais do tradicional desfile de bandas de gaitas procedentes de todos os territorios celtas, desde Escocia ata Galicia e Asturias, pasando por Irlanda, a Illa de Man, Cornualles, Gales e Bretaña.

Destacado: Desfile de bandas de gaitas de todos os países célticos, o domingo pola mañá.

Outras características

Folclóricas

Tamén che pode interesar

Festas Festas de interese turístico Festas de interese turístico internacional
Arriba
Axúdanos a mellorar!