Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: FESTIVIDADE DO APÓSTOLO SANTIAGO&body=Recoméndoche que leas a información FESTIVIDADE DO APÓSTOLO SANTIAGO extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/fi-co-000016/festividade-do-apostolo-santiago?langId=gl_ES%26ctre=262%26tp=97
A capital galega celebra as súas maiores festas na segunda quincena de xullo, cun programa que combina festivais de folclore galego ou de música clásica (Festival Internacional de Música de Galicia) con cine ao ar libre, concertos de gran formato, pequenos concertos, orquestras, teatro de rúa, teatro de sala, animación na rúa, programación infantil, charangas, humor, danza...
En medio de tan amplo programa, sobresae o espectáculo pirotécnico fronte á catedral de Santiago, que se celebra na noite do 24 de xullo, para dar paso á celebración do Día do Apóstolo, tamén Día de Galicia. A praza do Obradoiro é tomada por máis de 20.000 persoas para contemplar un impresionante espectáculo audiovisual a base de proxeccións de luces e de imaxes sobre a fachada da Catedral, e ata hai uns anos a queima do gran castelo de pirotecnia diante da súa fachada gótica. O espectáculo é seguido desde distintos miradoiros da cidade por milleiros de persoas.
Ao día seguinte, na misa solemne na catedral, pódese ver o xigantesco botafumeiro en funcionamento. O Rei ou un delegado da Casa Real fan nela a tradicional ofrenda ao Apóstolo Santiago. Ademais, teñen lugar diversos actos de celebración do Día de Galicia, polo que a capital galega rebenta de visitantes.
Destacado:
Paga a pena coller sitio na praza do Obradoiro para contemplar os fogos do Apóstolo, a noite do día 24.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.