FESTA DA TROITA

Festas de interese turístico
229
No Camiño de Santiago
Datas de celebración: 10/05 - 12/05

Localización

Oroso - A Coruña

Coordenadas:
42º 58' 09.9" N - 8º 26' 34.9" W

Descrición

Sigüeiro ten un coto de pesca moi concorrido durante a tempada de pesca e desde o ano 1996 unha festa que enxalza a longa tradición troiteira da localidade. O segundo domingo de maio ten lugar un concurso de pesca e unha degustación gratuíta de troitas que reúne a preto de 30.000 persoas. En torno a estes dous eixes, desenvólvese un programa festivo durante toda a fin de semana, con actuacións de charangas e orquestras, obradoiros infantís e xogos tradicionais. Propostas de ocio para todos os gustos que van desde un Festival Folk ata unha concentración de coches clásicos. E para os que prefiran o ambiente de tapeo e viños, nos bares, restaurantes e mesóns sérvense gratis eses días, xunto á consumición, riquísimas troitas.

Para non perderse: Concurso de pesca.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés

Outras características

Gastronómica
Festas Festas de interese turístico Festas de Galicia de interese turístico
Arriba