FESTA DA TROITA

Festas de interese turístico
2014
Datas de celebración: 30/04 - 01/05

Localización

A Pontenova - Lugo

Coordenadas:
43º 20' 51.0" N - 7º 11' 33.0" W

Descrición

A Festa da Troita da Pontenova, na Mariña Lucense, é unha singular e xenuína celebración que atrae desde hai 30 anos os pescadores de toda Galicia, Asturias e outras comunidades. Ata un centenar deles participan nun concurso de pesca deportiva de troita que está declarado pola Federación Nacional de Pesca como concurso de interese deportivo nacional, con premios para quen consiga máis número de pezas, para quen obteña a troita de máis peso e para o concursante de menor idade. O escenario é o río Eo, fonte de vida e de traballo para os habitantes da Pontenova e un dos máis grandes símbolos do concello por ser o río salmoneiro por excelencia de toda Galicia. A festa adoita abarcar os días anteriores e posteriores ao 1 de maio, día no que se celebra pola mañá o concurso de pesca, e pola noite ofrécese unha degustación gratuíta de troitas na praza do Concello. Actividades deportivas, pasacalles, exposicións, demostracións de pesca, de doma de cabalos… e verbena son algunhas das actividades complementarias a unha festa que conta cada vez con máis adeptos.

Para non perderse:
Pesada das capturas.

Outras características

Gastronómica
Festas Festas de interese turístico Festas de Galicia de interese turístico
Arriba
Axúdanos a mellorar!