A RAPA DAS BESTAS DE CANDAOSO

Festas de interese turístico
1544
Datas de celebración: 07/07 - 07/07

Localización

27270  Viveiro - Lugo

Coordenadas:
43º 35' 13.0" N - 7º 31' 29.9" W

Descrición

O que non é máis que un traballo gandeiro rutineiro, a rapa de crinas e colas, a desparasitación dos cabalos e a marcaxe a ferro dos poldros nados no último ano, convértese en Galicia nun espectáculo e nunha romaría multitudinaria. Nas zonas onde se crían os cabalos en liberdade, como é o caso de Boimente, os curros ou rapas das bestas atraen cada ano numeroso público ávido de emocións. O de Candaoso, nunha paraxe desde a que se divisa a ría de Viveiro, illa Coelleira e Estaca de Bares, é un dos máis sonadas de Galicia. Como tradición ancestral, os curros manteñen moitos dos ritos da loita corpo a corpo coas bestas para a súa domesticación, e garanten un espectáculo enxebre, enchido de forza e de emocións, arredor da bravura dos homes e da furia dos garañóns.
O duro traballo dos gandeiros vese recompensado co viño, as empanadas e todo tipo de viandas que se preparan polo contorno do curro ao son das gaitas, e o desfrute das tradicionais carreiras de cabalos en diferentes categorías.
 
Destacado:
Carreiras de cabalos, con premios para os gañadores, pola tarde.

Outras características

Rapa das bestas
Festas Festas de interese turístico Festas de Galicia de interese turístico
Arriba