Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: FESTA DAS FACHAS DE CASTELO&body=Recoméndoche que leas a información FESTA DAS FACHAS DE CASTELO extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/fi-lu-000020/locale/?langId=gl_ES
Taboada - Lugo
A parroquia de Santa María de Castelo é o único lugar de Galicia no que perdura a tradición das fachas, un rito que os estudosos explican como un xeito de comunicación entre os antigos poboados castrexos, aínda que podería formar parte tamén de certos rituais máxico-relixiosos. En calquera caso, non é casualidade que a queima das fachas, coa que comezan as festas desta parroquia, se realice na cima dun antigo castro.
As fachas son uns longos paus de madeira, normalmente de piñeiro, de ata dez metros de altura, recubertos case na súa totalidade por distintas capas de talos dunha planta chamada gamón ou vara de San Xosé. A súa elaboración é moi traballosa, xa que para cada facha son empregados entre cinco e sete mil talos.
A tarde do día 7 de setembro, lévanse as fachas ata o castro e dispóñense cravadas en círculo sobre o seu bordo. Pola noite, todo o mundo é chamado á festa con foguetes botados desde o castro. Co acendido das fachas, o castro convértese nun extraordinario espectáculo que se divisa desde toda a contorna.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.