FESTIVAL DE PARDIÑAS

Festas de interese turístico
1894
No Camiño de Santiago
Datas de celebración: 02/08 - 04/08

Localización

Guitiriz - Lugo

Coordenadas:
43º 11' 27.0" N - 7º 55' 17.9" W

Descrición

Este é un festival que se denomina a si mesmo “Feira e Festa da Música e da Arte” e que desde 1980 organiza a asociación cultural Os Xermolos, dedicada a preservar e difundir a cultura galega. En torno a un festival de música, por cuxo escenario pasan grupos e intérpretes galegos, españois e de distintos lugares do mundo (Francia, Escocia, Cuba, Portugal…) teñen lugar outros eventos, como mostras de artesanía, exposicións de pintura, escultura, fotografía, cerámica, debuxo infantil, espazos de poesía, de narrativa, feira de libros, ou o “prato máis mimado”, a Mostra de Artesáns de Instrumentos de Música Tradicional.
A suma de todos estes ingredientes fai do festival de Pardiñas un evento no que se respira creatividade e frescura polos catro costados que goza do recoñecemento de artistas, creadores e público.

Destacado:
Mostra de Artesáns de Instrumentos de Música Tradicional.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte

Outras características

Folclóricas
Festas Festas de interese turístico Festas de Galicia de interese turístico
Arriba