FESTA DO BOI

Festas de interese turístico
2114
No Camiño de Santiago
Datas de celebración: 03/06 - 11/06

Localización

Allariz - Ourense

Coordenadas:
42º 11' 22.0" N - 7º 48' 01.0" W

Descrición

Malia a súa antigüidade, a Festa do Boi tivo tamén as súas interrupcións. A última, nos anos 50. Ata que un grupo de mozos allaricenses decidiu en 1983 rescatar do esquecemento unha festa que funde as súas raíces no século XIV, tempo en que en Allariz habitaba, soportando o desprezo dos cristiáns, a colonia xudía que tanta pegada deixou na vila. Contan as crónicas que en 1317 un fidalgo allaricense de profundas conviccións relixiosas chamado Xan de Arzúa, quixo rematar coas burlas e os insultos dos xudeus ao paso da procesión do Corpus, que respondían así ao constante acoso cristián, e para iso encabezou a procesión a lombos dun boi, cargado de sacos con formigas que botou sobre os xudeus.
O fidalgo deixou en herdanza un dote suficiente para que todos os anos un boi percorrera as rúas. E así se fai. O acto central da Festa do Boi, que dura dez días, son as carreiras do boi –varias cada día– polas rúas de Allariz. As portas das casas quedan abertas para refuxio da xente, e o boi, que varios integrantes das peñas, ataviados con camisa branca e pano vermello, levan suxeito cun longo ramal, fai o seu percorrido parándose onde quere e acometendo ao numeroso público que o acompaña e que grita a coro “aí vén o boi, aí vén o boi”.
Non falta á festa Xan de Arzúa, que fai a súa aparición antes da procesión do Corpus, encarnado nun boneco de palla, sobre un carro de vacas. Rodeado por danzantes gremiais, é trasladado polas rúas da vila ata o Campo da Barreira, onde unha multitude ataviada con roupas da época medieval, participa nunha comida.

Para non perderse
Carreiras do boi polas rúas allaricenses.

Camiños de Santiago

Vía da Prata

Outras características

Folclóricas
Festas Festas de interese turístico Festas de Galicia de interese turístico
Arriba
Axúdanos a mellorar!