FESTA ENCONTRO DEGUSTACIÓN DO MILLO CORVO

Festas de interese turístico
1286
Datas de celebración: 14/04 - 16/04

Localización

Bueu - Pontevedra

Coordenadas:
42º 18' 25.0" N - 8º 46' 38.9" W

Descrición

Organizado pola Asociación Cultural Meiro, ten lugar unha feira gastronómica que é a culminación dun traballo que abrangue todo o ano e que ten por obxecto a recuperación etnográfica, educativa, cultural e gastronómica do millo corvo. É esta unha variedade de millo de cor negra, case extinguida na comarca do Morrazo, que se fai coa participación de asociacións e centros educativos.
No Encontro-Degustación, os asistentes teñen a oportunidade de probar todo tipo de produtos elaborados coa fariña de millo corvo (pan, tortas, empanadas,…) e o público achégase, entre obradoiros e exposicións, ao coñecemento de todo o ciclo natural do millo corvo, da arquitectura popular, dos diferentes apeiros e útiles de labranza. Ademais, durante toda a fin de semana sucédense actuacións de grupos tradicionais, rutas guiadas, contacontos, obradoiros de oficios tradicionais, charlas, proxeccións, nunha gran festa de exaltación do patrimonio inmaterial.
 
Para non perderse: 
Na Ecotaberna, receitas elaboradas con millo corvo e venda de produtos da aldea.

Outras características

Gastronómica
Festas Festas de interese turístico Festas de Galicia de interese turístico
Arriba
Axúdanos a mellorar!