HOTEL CALZADA

Hoteis - 2 estrelas superior
776
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Arcos (San Lourenzo)

Rúa Calzada 1

32316  Vilamartín de Valdeorras - Ourense

Coordenadas:
42º 24' 51.4" N - 7º 01' 57.8" W

Descrición

Calzada nace como un recuncho diferente,  novo,  inxertado no corazón da nosa comarca. Froito do orgullo pola terra e  da necesidade de ofrecer un espazo único, propio, versátil e coa posibilidade de cubrir todas as súas expectativas, queremos compartir co resto do mundo un lugar desde o que poder coñecer de primeira man a nosa contorna. Conscientes da calidade dos viños de Valdeorras, o Restaurante Calzada aposta por eles na súa carta, ofrecendo unha ampla representación de referencias da comarca. As nosas salas teñen capacidade para calquera tipo de evento. Dispoñemos de varios menús axustados a cada ocasión e coa posibilidade de personalizalos a gusto do cliente, ademais de menús para grupos. Hotel Calzada ofrece 11 habitacións de estilo moi contemporáneo deseñadas para ofrecer o máximo confort e benestar aos nosos hóspedes. A tarifa inclúe almorzo tipo buffet. Hotel Calzada dispón de aparcadoiro privado  o cal non é necesario reservar.  Hai conexión a internet Wi-fi dispoñible en todo o establecemento, gratis.
Un lugar onde sentirche como na casa!.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba