IGREXA PARROQUIAL DE SAN TOMÉ DE QUIREZA

Relixioso
1315

Localización

Parroquia: Quireza (San Tomé)

Lugar: Os Castros

36116  Cerdedo-Cotobade - Pontevedra

Coordenadas:
42º 34' 10.9" N - 8º 26' 17.9" W

Descrición

A fachada principal data de 1867. Planta de cruz latina e con tres naves na central. Muros de cachotaría e cadeirado de granito, e cuberta a dúas e catro augas. O corpo principal está dividido en tres tramos, separados entre si por columnas cuadrangulares, cuberta s as naves por bóveda de crucería con arcos de medio punto. A fachada está rematada nunha torre-campanario de dous corpos, un cadrado con blaustrada de pedra e o superior octogonal, rematando nunha cúpula con pináculos.

Acceso

Estrada de Pontevedra - Ourense dirección Ourense desvío á esquerda en Serrapio, ao chegar a Serrapio xírase á dereita, todo recto e chégase a Quireza. Máis adiante do Bar Casa de Teresa hai un cruzamento cara a arriba, vaise por esta estrada e atopa a igrexa.
Arriba