ÁREA RECREATIVA DE PONTE SEGADE

Áreas de recreo e miradoiros
1539

Localización

Parroquia: Mañón (Santa María)

Lugar: Segade

15339  Mañón - A Coruña

Coordenadas:
43º 37' 19.1" N - 7º 44' 13.3" W

Descrición

Área de recreo situada nun ámbito forestal, nas inmediacións do río Sor, nun espazo natural de singulares características ecolóxicas, densa vexetación de piñeiros, eucaliptos, carballos e "ameneiros" que acollen ao visitante. Posibilidade de pesca (troita e reo); atópase nun tramo do couto de pesca do río Sor. Con presenza de antigos muíños de auga de planta rectangular, paredes de cachotería e estrutura de madeira que sustenta a cuberta de pizarra. Elementos tradicionais, recuperados e destinados a refuxio de pescadores. Bo equipamento, en perfecta harmonía co medio natural. Visita obrigada como punto de contacto coa natureza.

Actividades

Pesca
Arriba
Axúdanos a mellorar!