MONTE DO PINDO

Áreas de recreo e miradoiros
3913

Localización

Parroquia: O Pindo (San Clemente)

Lugar: O Pindo

15296  Carnota - A Coruña

Coordenadas:
42º 53' 20.2" N - 9º 06' 48.0" W

Descrición

Miradoiro situado no alto de A Moa, a 627 m de altitude. Apéndice montañoso onde abundan rochas graníticas redondeadas e que remata ao bordo do mar. Ámbito marítimo - forestal. Dende o cume visualízase o amplo e escarpado panorama costeiro que se estende aos seus pés ( Fisterra, Corcubión, Cee, a praia de Carnota, punta de Caldebarcos). Este monte é considerado como un lugar mítico en torno ao que se foron desenvolvendo numerosas lendas sobre os seus antigos poboadores, os celtas, e sobre as propiedades máxicas da zona. Denominóuselle Olimpo Celta, por ser un monte sagrado para os celtas, que realizaban os seus sacrificios sobre aras pétreas. O Padre Sarmiento fala de que en O Pindo hai excelentes pastos, augas puras, plantas medicinais e animais moi fecundos, polo que era costume dalgúns casados subir aquí para volverse fértiles e ter descendencia.

Acceso

Dende a capital municipal, tómase a estrada C-550 en dirección a Cee. A uns catorce km está o lugar de O Pindo. A partir de aquí cóllese unha pista forestal que sobe ata o cume do monte.
Accesibilidade ás inmediacións: A pé, en coche.
Accesibilidade ao recurso: hai que realizar un tramo a pé.
Arriba