CRUCEIRO DE AGRA DE ARRIBA

Etnográfico
630
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Cures (Santo André)

Lugar: A Cuncheira

15937  Boiro - A Coruña

Descrición

Realizado en granito. Trátase dun cruceiro de Capela de cruz cuadrangular coa figura de Cristo crucificado, moi deteriorada, con tres cravos, inclinando a cabeza cara á dereita, as mans pechadas, coroa de espiñas, pano de pureza anoado cara á esquerda, INRI (cartilla); capela lisa de base troncopiramidal invertida, tellado a catro augas, teito plano, anxo con ás na base da capela e no interior a Virxe de Loreto; fuste cadrado con chafráns e adornos nestes; plataforma cuadrangular dun grao.

Acceso

Dende Boiro, collemos a DP-1105 en dirección a Noia ata chegar a Cures que é donde se atopa o recurso. Uns 7 km. aproximadamente.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba
Axúdanos a mellorar!