CRUCEIRO DE ESPENUCA

Etnográfico
170

Localización

Parroquia: Coirós (San Xulián)

Lugar: A Espenuca

15316  Coirós - A Coruña

Descrición

Cruceiro curiosamente situado no castro de Espenuca. Trátase dunha obra sobre unha plataforma de tres bancadas cuadrangulares. O pedestal ten forma prismática coas súas caras lisas. A columna levanta un fuste de sección oitavada con biselado de arestas e un capitel con forma tronco-prismática e con decoración en palmatorias. A cruz latina posúe unha forma lisa con sección octogonal e sen imaxe ningunha.

Acceso

Dende Coirós, en dirección a Betanzos por a N-VIN, tomar desvío sinalizado a Espenuca, onde se acha o cruceiro.
Accesibilidade: Inmediacións: coche, autobús. Recurso: peonil.
Arriba