PONTE INTERNACIONAL DE TUI

Civil
3674
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Tui (O Sagrario)

Lugar: Tui

36700  Tui - Pontevedra

Coordenadas:
42º 02' 09.9" N - 8º 38' 47.0" W

Descrición

Atópase situada sobre o río Miño unindo a vilas históricas de Tui e Valença do Miño, comunicando tanto por estrada coma por ferrocarril os países de España e Portugal. A súa inauguración oficial realizouse en 1886. Trátase dunha ponte conformada en torno a unha longa estrutura metálica, tipo celosía, en forma de caixón que descansa sobre uns grosos piares pétreos, aínda que nun principio se enxergou a posibilidade de que estes piares fosen metálicos. A súa construción realizouse mediante o procedemento de lanzar os tramos metálicos previamente construídos nos accesos sen outra precaución que os apoiar provisionalmente mentres estaban en voladizo sobre o río. Actualmente presenta un estado de conservación bastante bo.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Arriba