IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE CERVO

Relixioso
1259

Localización

Parroquia: Cervo (Santa María)

Lugar: Cervo

Rúa da Iglesia 30

27891  Cervo - Lugo

Coordenadas:
43º 40' 10.0" N - 7º 24' 38.0" W

Descrición

En Cervo pódese visitar a igrexa de Santa María, de traza barroca, na que destaca a súa arquitectura interior de doce arcos, de perfecta harmonía e proporción. Ao entrar, á dereita, atópase a súa pía bautismal, de trazado medieval e de difícil datación, con cruces e vieiras singulares. O retablo maior é do século XX, de José Rivas, un recoñecido tallista dese tempo. Á dereita encóntrase o altar da saúde, do século XIII, con imaxes singulares, entre as que destaca unha santa Bárbara (século XVI), de excelente calidade e de sorriso clásico. Na parede pódese apreciar unha lápida sepulcral do fundador desta capela e á esquerda do altar maior, a Virxe das Dores, adquirida no século XVII e levada a Cervo en carros de bois dende Mondoñedo; destaca a súa altura e boa traza.

Sinalar que antigamente foi igrexa refuxio, xa que a estancia no recinto eclesiástico implicaba a xurisdición e protección da Igrexa, quedando libre de ser xulgado ou apresado por outra instancia.

Acceso

Está no centro urbano de Cervo.

Estilos

Barroco
Arriba