IGREXA DE SAN BIEITO

Relixioso
941

Localización

Parroquia: Grou (San Mamede)

32892  Lobios - Ourense

Coordenadas:
41º 57' 24.0" N - 8º 04' 34.9" W

Descrición

Unha das devocións máis importantes da bisbarra de A Limia é a dedicada a San Bieito, venerado no lugar de Carreira. A importancia da devandita devoción ao santo reflíctese na monumentalidad da súa capela, con nave cuberta por bóveda de canón e arcos faixóns, presbiterio elevado en altura con sancristía, e pórtico aos pés. A fachada mostra portada con orelleiras e fornela avieriada decorada con ovas no extradorso, decoración de grampas e placa. Contén a imaxe pétrea de San Bieito, reproducida tamén en madeira no interior.

Acceso

Pasados 150 m do punto quilométrico 62 da OU-540 desviarnos á dereita en dirección a Grou, (estrada OU-1212). Ós 650 m xiramos á esquerda. 700 m despois xiramos á dereita para continuar 4 quilómetros ata chegar ó lugar de A Feira. En A Feira, tómase unha pista que sube á ermida do San Bieito.
Arriba