IGREXA PARROQUIAL DE SANTIAGO DE OLVEIROA

Relixioso
739
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Olveiroa (Santiago)

Lugar: Olveiroa

15151  Dumbría - A Coruña

Coordenadas:
42º 57' 56.9" N - 9º 02' 20.9" W

Descrición

Construída a finais do século XII, os seus engadidos son do XVIII e XIX; de estilo románico–barroco–neoclásico. Igrexa de pequenas dimensións cunha planta basilical dunha soa nave e unha ábsida rectangular. O tellado da igrexa é a dúas augas. O retablo da capela maior pertence ao estilo neoclásico e nel destaca a imaxe de Santiago peregrino. Igrexa situada no Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía.

Acceso

Dende a capital municipal, saír pola DP-3404 cara á Serra de Outes. Atravesar os lugares de Hospital e O Logoso ata chegar a un cruzamento á man dereita que indica Olveiroa. Entrar na poboación; a igrexa está á man dereita a carón dun conxunto de hórreos e do cruceiro de Olveiroa.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Arriba
Axúdanos a mellorar!