EDIFICIO ALBO

Civil
1311
No Camiño de Santiago

Localización

Avenida Gran Vía, esquina a Urzaiz 2

36203  Vigo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 14' 03.9" N - 8º 43' 00.9" W

Descrición

Edificio proxectado en 1942 por Francisco Castro Represas, aínda que por falta de ferro e cemento debido á posguerra, rematouse no 1949. O proxecto é racionalista pero vánselle incorporando elementos neobarrocos: frontóns barrocos, cornixas, molduras, pináculos, volutas, etc. Na planta baixa atopamos formas clasicistas como columnas toscanas, arquitrabes, frisos e cornixas denticuladas. A pesar de todo, as formas racionalistas son as predominantes, dominando a verticalidade no chafrán e a horizontalidade nas fachadas. A composición é simétrica, tendo como eixe central o chafrán con vans grandes e apaisados nas dúas fachadas, con esquinal curvo e franxas saíntes no antepeito e lintel para a proxección de augas.

Destaca a gran monumentalidade e verticalidade do edificio conferida polos volumes dispostos en chanzos e rematados por unha escultura feita por Jesús Picón copia da Vitora de Samotracia.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba
Axúdanos a mellorar!