GRUPO DE CASAS DE BENITO SANJURJO

Civil
1151
No Camiño de Santiago

Localización

Avenida Urzaiz 11-23

36201  Vigo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 14' 07.9" N - 8º 43' 07.9" W

Descrición

Grupo de sete casas promovidas por Benito Sanjurjo Ramírez de Arellano entre os anos 1903-1912 e proxectadas por Michel Pacewicz e Jenaro de la Fuente Domínguez. As casas construíronse de dúas en dúas e as primeiras foron os números 21 e 23. Estas teñen unha planta baixa e tres pisos altos, son as máis sinxelas e foron proxectadas por Pacewicz. As demais incorporan elementos arquitectónicos máis complexos e riqueza ornamental e proxectounas Jenaro de la Fuente Domínguez. Todas teñen un forte almofadado nas súas plantas baixas e motivos ornamentais neobarrocos como frontóns curvos, óculos, vasos, etc.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Camiño Primitivo
Arriba