IGREXA DE SAN VICENTE DE ELVIÑA

Relixioso
707
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Elviña (San Vicenzo)

Lugar: Elviña

Rúa Antonio Insua Rivas 15, D

15008  A Coruña - A Coruña

Coordenadas:
43º 20' 03.0" N - 8º 24' 11.9" W

Descrición

Construída no século XII, sufriu un incendio en 1933, o que obrigou a levantar un nova cuberta. Ten unha soa nave que remata en ábsida rectangular. A unión de ambos os dous realízase por medio dun arco semicircular peraltado. A cuberta é de madeira sobre unha bóveda de medio punto que descansa sobre semicolumnas pegadas. Os seus capiteis están decorados con follas de acanto e cabezas antropomorfas e zoomorfas. Fachada de cantería. A porta principal consta de tres arquivoltas dóricas de medio punto, acodilladas por xambas con capiteis con decoración vexetal. O tímpano non posúe decoración. As outras dúas portas son sinxelas e unha delas está tapiada. Obsérvanse canecillos no aleiro e un Agnus Dei que coroa o piñón do muro este.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba
Axúdanos a mellorar!