VALDEFLORES Y DE PORTOCHAO

Áreas de recreo e miradoiros
1018

Localización

Parroquia: Viveiro (Santa María e Santiago)

Viveiro - Lugo

Coordenadas:
43º 39' 15.1" N - 7º 36' 06.1" W

Descrición

Na marisma do río Landro está ubicada a pequena área recreativa de Valdeflores que dispón de varias mesas. Nas súas inmediacións atopamos o mosteiro de Valdeflores e os museos de Cerámica e de Pel de Regal Xunqueira; polo camiño da dereita chegamos As Aceas. onde quedan restos dun muíño de mareas. Preto do muíño, en dirección a Verxeles hai un parque infantil. Polo camiño da esquerda, en dirección a Magazos, está o paseo fluvial do río Landro que pasa por A Panela (área de reserva de aves), A Veiga, o pozo de Piago, onde hai un panel informativo coa lenda do Dragón de Piago e un embarcadoiro. O paseo continúa ata a área recreativa de Portochao, con mesas e un parque infantil. O percorrido total é duns 7 km no marco incomparable do Landro.
Arriba
Axúdanos a mellorar!